Estudos de master

Os egresados do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación son capaces de conseguir as atribucións profesionais de Enxeñaría de Telecomunicación, unha profesión regulada en España.

O máster estrutúrase en dous cursos académicos (120 ECTS), con 45 ECTS comúns, 30 ECTS de especialidade, 15 ECTS optativos e 30 ECTS de traballo de fin de máster. A especialización é obrigatoria, e pódese optar entre: Radiocomunicación, Telemática, Electrónica, ou Procesado de Sinal para Comunicacións.
O traballo de fin de máster será en inglés, como tamén a docencia das especialidades de Radiocomunicación e Procesado do Sinal para Comunicacións, e algunhas optativas. Deste xeito, cada estudante cursará como mínimo un 25 ou 50% da titulación en inglés, o que se considera de gran interese para o seu desenvolvemento futuro nunha sociedade globalizada.

Máis información